Mininovas Android: a malla da semana

Bankinter Móvil di adeus

bankinter mobil

Bankinter Móvil foi un OMV que naceu coma tantas outra aló por 2008, que dende fai un tempo estaba controlado por Orange. Temos confirmación de que todos os seus clientes comezarán a recibir unha sim de Simyo, tamen controlada por Orange, pois o 31 de xullo pechará Bankinter Móvil.

Non se van manter as condición que tiñan estas clientes, pero ofreceráselles unha tarifa o máis parececida posíbel pero se non cumpre as súas necesidades, son libres de marchar a outro operador.

Facebook Messenger experimenta co uso de gifs

fb messenger

Desde hai uns días alguhas usuarias da aplicación de mensaxería poden ver un novo botón chamado GIF co que poden enviar unha serie de gifs sen necesidade dunha aplicación externa, como até o de agora.

Como vos diciamos só está en probas e polo de agora descoñecemos se chegará a todas.

Instagram xa permite subir imaxes en alta resolución

instagram

Dun xeito gradual está chegando unha nova actualización pola que a app amosará fotos en fHD, pasando dos 640×640 actuais aos 1080×1080 píxeles.

Esta nova foi confirmada por Mike Krieger, portavoz de Instagram.

voLTE de Vodafone xa dispoñíbel no país

vodafone voLTE

Vodafone vén de anunciar que se posuímos un Samsung Galaxy S6 / S6 Edge, Galaxy S5, Sony Xperia Z3 e Z3 Compact ou LG G3 e G4, xa podemos desfrutar desta nova tecnoloxía para facer chamadas en alta definición. Deste xeito podemos facer ou recibir chamadas dende a rede 4G.

Outro punto importante é que dende o punto de vista da facturación, computará como unha chamada normal, sen consumos extras de datos.

Rayman prepara nova aventura para outono

Polo de agora non temos moitos detalles deste novo xogo, só sabemos que nun primeiro momento temos que salvar unhas novas criaturas que se chaman Incrediballs, e logo todos xuntos aproveitando os seus poderes pasar unha serie de retos.

Teremos que agardar até outono, pois o xogo aínda está no forno.

Un pau para selfies causa a morte a unha persoa

Segundo o grupo de rescate un pau para selfies foi o que lle causou feridas a un grupo de montañeiros en Gales. Un chegou a morrer. O que pasou foi que en plena tormenta o pau actuou de pararaios e este caeu onda eles coas consecuencias que vos acabamos de comentar.

Malia o que pode parecer, non é un caso illado pois no que vai de ano en Rusia calcúlase que van ao redor de 100 feridos e 10 mortes debido á mala elección do momento no que facerse un selfie. É tal a preocupación do goberno ruso, que até lanzou a súa propia sinalización directamente dirixida a regular os lugares onde facer un selfie.

selfies

Nesta ligazón tedes un pdf moito máis completo.

Google Messenger xa permite compartir a nosa ubicación

google messenger

A app de Google para enviar SMS e MMS ven de actualizar á súa versión 1.4 e como principais novidades destacamos que agora poderemos compartir a nosa ubicación ademáis de envíar stickers animados, que se envirán coma MMS.

One Plus “Two”, unha fonte segura de novas: 4 gigas de ram

one plus 4 gigas

Todo apunta a que xa queda pouco para coñecer de xeito oficial o novo terminal da compañía chinesa e os rumores non paran. Esta semana One Plus confirmou na súa conta de Twitter que levará 4 gigas de ram tipo LPDDR4, toda unha novidade que permitirá mellor rendemento e menor consumo de enerxía. Ademáis o seu prezo será inferior a 450 USD.

Sen dúbida, todo apunta a que pode ser un dos principais terminais do ano que chegará o 27 de xullo. Verémolo.

Adeus Geeksphone. Ola Geeks!me

geeksphone

Logo de 6 anos de traballo, a empresa española deixará de fabricar smartphones. Foron pioneiros cos terminais Android e logo foron elixidos por Telefónica para desenvolver terminais con FirefosOS. Malia este peche, deixan en mans da comunidade o desenvolvemento da súa plataforma multi-OS polo que o futuro dependerá deles.

Non só hai malas novas, xa que algúns membros da compañía fundaron geeks!me unha nova marca centrada no desenvolvemento de wereables. Veremos que nos achegan nos vindeiros meses.

Xa podes conectar o teu Chromecast vía ethernet

chromecast ethernet

Google vén de presenar nos Estados Unidos un adaptador ethernet para o seu Chromecast. Está pensado especialmente para non perder velocidade á hora de reproducir vídeos pesados vía streaming. Este novo adaptador conectámolo á parede para alimentar ao Chromecast e logo enchufamos o cable na clavixa ethernet. Sinxelo non?

Só custa 15 dólares e agardamos que en pouco tempo chegue a máis países.

Sobre o autor

Reply