Whatsapp permitirá marcar mensaxes coma “non lidas”

whatsapp doble check azul

Pouco a pouco WhatsApp foi ocupando un lugar cada vez máis importante entre as aplicacións de mensaxería. A súa ‘relaxación’ coa seguridade, tantas e tantas veces criticada, semella que non é unha eiva tan importante para moitas, pois ademais de usala para as nosas conversas persoais, tamén se usa moito (e cada vez máis) para temas profesionais.

Por todos e tan diversos usos que lle podemos dar á aplicación, en WhatsApp están barallando a posibilidade de permitir ler unha mensaxe e marcala novamente como non lida. É unha funcionalidade que choca un pouco con esa visión da instantaneidade e que a achega máis á concepción de correo electrónico, mais pensamos que non é mala idea, pois cantas veces recibimos unha mensaxe, non nos vai vén responder e logo esquecemos que tiñamos que contestar algo precisamente por non tela destacado?

Non temos claro como afectará este aspecto ao famoso ‘dobre check azul’, que é o que confirma ao emisor das mensaxes a lectura. Se, como receptoras, marcamos algo como lido, quitará a cor azul de confirmación?

Polo de agora isto é un rumor, pero poderíamos ter esta funcionalidade máis cedo que tarde. A vós que vos parece?

Deixa un Comentario