O Mobile World Congress seguirá en Barcelona até o 2023

fira barcelona mwc 2015

O GSMA vén de confirmar que Barcelona seguirá sendo a capital mundial da industria do móbil (Mobile World Capital) e albergando o Mobile World Congress cando menos até o 2023, tras o acordo asinado co Ministerio de Industria, a Generalitat, a Fira de Barcelona e a Fundación Mobile World Capital Barcelona.

A edición deste ano colleitou un récord de cifras, con máis de 94.000 visitantes de 200 países, así como 2000 expositores dando a coñecer os seus productos máis innovadores. Para a cidade  o MWC supuxo 12.675 traballos temporais e una contribución de máis de 436 millóns de euros.

A edición do Mobile World Congress 2016 terá lugar na Fira Gran Vía entre os días 22 e 25 de febrero. Nós xa estamos desexando ir para aló 🙂

 

Deixa un Comentario