Euskaltel sube o establecemento de chamada a 24 céntimos

euskaltel

A cableira vasca Euskaltel vén de facer un movemento que empeora notablemente as condicións dos seus clientes de móbil que non teñen un contrato con tarifa plana: subir o establecemento de chamada aos 24 céntimos. A anterior suba por este concepto produciuse no 2007, cando a compañía aumentou desde os 12 aos 18 céntimos nos que se mantiña até o de agora.

Fica claro que este movemento ten un claro obxectivo: obrigar á clientela da compañía a mudar de tarifa por unha plana con minutos incluídos, nas que non se cobra o concepto de establecemento.

Nos últimos meses foron varias as operadoras que fixeron axustes negativos para os seus clientes, ben encarecendo produtos ou ben obrigándoos a contratar máis cousas para seguir cun servizo semellante ou innecesario polo que agora teñen que pagar unha cota maior.

Será Euskatel a primeira de moitas? O tempo dirá.

Sobre o autor

Reply