HTC dá a coñecer novos membros da familia Desire

htc desire 2015

Pouco está a dar que falar este ano HTC, logo de que o seu terminal estrela para este ano, o One M9 fose un (novo) fracaso en vendas, o que pon á compañía nunha situación moi complicada. En calquera caso, desta vez toca falar da familia Desire, situada no que sería a gama media da compañía.

Os novos Desire son un total de catro trebellos (Desire 520, Desire 526, Desire 626 e Desire 626S) que comparten moitas características, como o procesador Snapdragon de Qualcomm, a cámara principal de 8 megapíxeles ou o chip LTE para conectarse ás redes 4G.

htc desire 2015 - 2

As diferenzas atopámolas principalmente na calidade e tamaño da pantalla, así como na memoria RAM incluída e na calidaade da cámara frontal:

  • Desire 520: 4,5 polgadas (854 x 480 píxeles) + 1 GB de RAM + 2 Mpx (frontal)
  • Desire 526: 4,7 polgadas (960 x 540 píxeles)  +1.5 GB de RAM + 2 Mpx (frontal)
  • Desire 626 / 626S: 5 polgadas (720p) + 1,5 GB de RAM + 5 Mpx (frontal)

Polo de agora está confirmada a súa presenza no mercado americano (Verizon, Spring, AT&T e Virgin Mobile), aínda que seguramente cheguen ao mercado europeo nas próximas semanas.

Deixa un Comentario