Samsung prepara un novo smartwatch con Tizen: Gear A

smartwatch circular samsung

Coa vista posta nos eventos que Samsung ten por diante, como a presentación do Galaxy Note 5 (que podería ser o 12 de agosto) e o IFA de Berlín a comezos de setembro, os rumores e filtracións dos novos productos son una constante.

Do último que temos novas é dun smartwatch de pantalla redonda que empregaría unha vez máis o sistema operativo Tizen, polo que a compañía surcoreana está a apostar neste tipo de trebellos: o Samsung Gear A.

Segundo apunta SamMobile, o Gear A incorpora un procesador Exynos de dobre núcleo a 1,2 GHz, Mali-400 MP4, 768 MB de memoria RAM, 4 GB de memoria interna e 250 mAh de batería; a súa pantalla será un panel circular SuperAMOLED con resolución 360×360 píxeles. Ademais non lle faltan opcións de conectividade e unha recua de sensores, pois vén con WiFi, WiFi Direct, GPS, acelerómetro, barómetro, sensor de pulso e xiroscopio.

Samsung ten previsto ademáis toda unha serie de acordos con fabricantes de correas para que as usuarias poidan personalizar o trebello con aquela que máis se adapte aos seus gustos.

E vós que preferides? Reloxos cadrados ou circulares?

Deixa un Comentario