Vodafone proba drones socorristas en 5 praias

drone socorrista vodafone -1

Hai tempo que as operadoras deixaron de ser empresas que xestionan as nosas comunicación para traballar en proxectos que melloran a vida das persoas. É o caso de Vodafone, que hoxe anuncia unha proba piloto con drones que servirán para axudar na labor que desenvolven as socorristas nas praias durante o verán.

drone socorrista vodafone -3

A idea é que os drones sirvan para reducir o tempo de atención a unha emerxencia, por exemplo achegándolle un flotador a un bañista en perigo mentres o persoal non chega onda el. Estes trebellos serán manexados por socorristas – pilotos formados segundo os cursos da AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea), que inclúen tanto asignaturas teóricas como prácticas relativas a comunicacións, navegación, meteoroloxía, étc.

drone socorrista vodafone -2

Polo momento este proxecto piloto levarase a cabo nas praias de Ribadesella (Asturias), Isla (Cantabria), Cabopino (Marbella), Cartagena (Murcia) e Benalmádema (Málaga), e Vodafone agarda que con medidas coma esta se consiga reducir o número de mortes por afogamento que se producen no territorio español anualmente (arredor de 400).

No Responses

Deixa un Comentario