O Motorola Moto G 2015 chegará o 28 de xullo

convite motorola 2015

Motorola comezou a distribuír os convites para a presentación dun novo ‘Moto’ o 28 de xullo, polo que todo apunta a que ese día veremos o Moto G 2015, dado que tanto na versión en inglés como na española do tarxetón pódese ver o protagonismo da letra ‘G’ (no ‘s’ de “Besos” ou no “O” de “XOX”).

Moto G 2015 filtrado 2

Os últimos rumores e filtracións desta última semana apuntan a una pantalla de 5 polgadas con resolución 1280 x 720 píxeles (aínda que outras fontes aseguran que serán 5,2). No que si coinciden todos é nos compoñentes interiores, onde teremos un procesador Qualcomm Snapdragon 410 a 1,4 GHz, cámaras de 13 e 5 megapíxeles e batería de 2470 mAh. As usuarias poderemos escoller dúas opcións de RAM (1 ou 2 GB) e de memoria interna (8 ou 16 GB), en todo caso sempre ampliábeis con microSD.

Moto G 2015 filtrado 1

No que ten a ver co software, agárdase una liña continuista, con Android 5.1.1 stock e alguna pequeña App de Motorola, en todo caso nada invasiva como nos 2 modelos anteriores.

Será Motorola capaz de manter o éxito dos modelos anteriores?

Deixa un Comentario