Os rumores apuntan a un potente Nexus fabricado por Huawei

huawei nexus concepto

A estas alturas xa case se dá por feito que o próximo Nexus (ou cando menos un dos dous que se rumorean) virá firmado por Huawei. A compañía chinesa soubo poñerse á altura das exixencias das usuarias nos últimos termináis anunciados, con características de última xeración e acabados de calidade que se afastan desa idea barato – reguleira dos productos que proveñen da China.

Segundo apuntan as últimas filtracións, alentadas en parte por tests de Antutu, Huawei ten no forno un Nexus que integraría un procesador Qualcomm Snapdragon 820, o ultimísimo de Qualcomm logo dos problemas co que tería sido a estrela deste 2015 (o 810) se non fose polos graves problemas de quecemento.

Ademáis tería unha pantalla de 5,7 polgadas con calidade QHD, fabricación unibody e escáner de pegada dixital, unha característica case que imprescindíbel para o éxito do sistema de pagos Android Pay, anunciado no Google I/O.

Agárdase que o novo Nexus de Huawei chegue en outubro ou novembro, e por primeira vez podería chegar cun segundo modelo Nexus fabricado por LG.

Deixa un Comentario