Mininovas Android: a malla da semana

Here Maps xa amosa información de tráfico en tempo real en 50 países

here maps 50 trafico

A aplicación de mapas de Nokia, Here Maps, amosa desde esta semana a información de tráfico en tempo real en máis de 50 países, entre os que se atopa o noso, xunto a meirande parte do continente europeo. Convertirase na mellor alternativa a Google Maps que podemos atopar?

9 millóns de reservas na China do Honor 7 en apenas unha semana

honor 7 02

O Honor 7, presentado o pasado 1 xullo, ten todas as papeletas para covertirse nun éxito de mercado. En tan só unha semana reserváronse na China 9 millóns de unidades, o que o convirte no primeiro terminal da marca en ter ese gran interese do público. Fabricado en metal, o novo Honor 7 destaca pola presenza de lector de pegadas dixitais e unha cámara de 20 Mpx.

O teclado pregábel de Microsoft á venda por 109,90 €

teclado microsoft

No MWC Microsoft presentou este xeitoso teclado chamado Universal Foldable Keyboard, que cabe nun peto e é compatíbel con todos os sistemas operativos; unicamente precisa unha conexión Bluetooth. Agora xa está á venda no noso país por apenas 110 €. Podedes mercalo online.

 Ingress xa está dispoñíbel para Android Wear

ingress android wear

O xogo de realidade aumentada de Google Ingress vén de recibir unha importante actualización, na medida en que xa é compatíbel con Android Wear. Deste xeito poderemos ter un radar no noso reloxo no que ver os portais para abrilos ou hackealos.

Firefox e Chrome bloquan Flash e Facebook pídelle a Adobe que o elimine

adobe flash

Poucos amigos lle quedan a Flash. Esta semana coñecemos que Facebook solicitou a Adobe a súa retirada e que tanto Firefox como Chrome están a bloquear contidos polas vulnerabilidades atopadas. Acabouse o momento dourado de Flash?

WiFi de balde no cumio do Monte Fuji

monte fuji

Turismo e WiFi de balde adoitan ir da man, sobre todo se viaxamos ao extranxeiro. Algo que cada vez é máis habitual nos hoteis e medios de transporte chega ao cumio do Monte Fuji, onde as operadoras NTT Docomo e KDDI Corp. veñen de instalar varios hotspots para as montañeiras que cheguen aló podan twittear ou subir fotos a Instagram ou Facebook coa aventura.

Deixa un Comentario