A música de Sés, Ataque Escampe, Dakidarría e os Herdeiros da Crus triunfa en Spotify

ses

Que Galiza é un país de festas é de lonxe coñecido, e no verán os concertos ao aire libre, festivais e festas patronais con orquestras son cousa diaria. Mais, sabemos que música nos gusta e escoitamos as galegas nos diferentes servizos de música en streaming?

Aínda que non hai moitas bases que ofrezan estes dados, o popular servizo Spotify vén de elaborar un gran mapa mundial no que amosan que cancións son as que máis triunfan no ámbito local, no caso galego escollendo as cidades da Coruña, Santiago, Vigo e Ourense como referencia e publicando catro playlists cos temas que destacan nesas comarcas.

dakidarria

Botándolle un ollo ás catro listaxes podemos observar que no panorama galego destacan nomes como Sés, os históricos Herdeiros da Crus ou Ataque Escampe. Se imos máis polo miúdo, na Coruña tamén ten moita relevancia El Combo Dominicano, en Vigo os Dakidarría e en Ourense Novedadas Carminha.

Figuras como Xoel López ou o ferrolán Andrés Suárez tamén conseguen coar varios dos seus temas nesta selección musical, na que tampouco faltan “himnos” como o “Licor café” dos Lamatumbá, o “Miña terra galega” dos Siniestro Total ou “Dolores se llamaba Lola” de Los Suaves.

terbutalina

Independentemente desta pequena selección feita por Spotify, o certo é que nos últimos tempos é posíbel atopar unha chea de música galega no servizo musical en streaming, desde temas clásicos como os de Fuxan os ventos ou Milladoiro até as creacións de grupos emerxentes como os Terbutalina ou Superoito, pasando polos recopilatorios do Xabarín Club, adaptándose aos cambios nos hábitos de consumo da sociedade.

Playlists Spotify: A Coruña – Santiago – Vigo – Ourense

Vía

Deixa un Comentario