Xiaomi tamén quere revolucionar a tele: deseño e 4K por menos de 450 euros

Xiaomi-Mi-TV-2S-2

Xiaomi é unha das novas compañías chinesas que están a revolucionar o mundo da telefonía e tecnoloxía ao tirar os prezos de produtos tecnolóxicos, nomeadamente dos smartphones de gama alta. Porén, a última aposta desta firma é no mundo da televisión, cun produto ao que debemos prestar atención: Xiaomi Mi TV 2S.

Este televisor é a evolución de outros modelos da compañía que non destacaron tanto internacionalmente, mais as especificacacións e prezo desta nova versión son sorprendentes: dispón dun panel Samsung de 48 polgadas e calidade 4K, cunha representación do espazo de cor un 18% superior ca os LED convencionais, é compatíbel co sistema de son Dolby (de feito venden unha barra de son a modo de subwoofer por uns 100 euros) e ten un deseño minimalista, con apenas 9,9 mm de grosor.

Xiaomi-Mi-TV-2S-1

As especificacións complétanse cun procesador SoC MStar 6A928, 2 GB de RAM, portos HDMI 2.0 e USB 3.0 e 8 GB de memoria interna. Inclúe ademais características de televisión intelixente conectada, polo que tamén dispón de Bluetooth 4.0 e WiFi a/b/g/n/ac. O sistema operativo que emprega é Android 5.1, coa interface MIUI, propia do fabricante.

Como diciamos no titular do artigo, o prezo tamén é relevante nesta Xiaomi Mi TV 2S, pois lanzarase en Asia por 2999 yuáns, algo menos de 450 euros ao cambio, malia que se queremos a versión co subwoofer (edición ‘Home Theater’) teremos que pagar 100 euros máis. Con todo, cabe sinalar que polo de agora non está previsto que chegue a Europa, e o máis seguro é que non o chegue a facer oficialmente.

Sobre o autor

Reply