Euskaltel e R intégranse para formar o gran operador de cable do norte

r telecable vodafone euskaltel

[Actualización] R e Euskatel falan de “integración” nun operador de telecomunicacións líder no norte.

Tras coñecer a nova publicada por Expansión, puxémonos en contacto con responsábeis de R, que nos aseguran que se trata dun principio de acordo de integración entre ambos operadores, mantendo o compromiso en ambas rexións, onde ambas compañías teñen un gran arraigo.

Pola súa banda, CVC e Abanca acordan manter os compromisos de permanencia no capital da entidade resultantes que exixe Kutxabank con motivo da saída a bolsa de Euskaltel, entre os que están o carácter local de ambas compañías e a continuidade de ambas marcas, estruturas locais e equipos de xestión.

Con esta operación Euskaltel e R esperan compartir as mellores prácticas de ambas compañías e obter sinerxias de operación, principalmente derivadas de mellor acceso e capacidade de negociación a produtos, servizos e contidos, que serán cuantificadas durante o proceso de due diligence e comunicadas ao mercado ao finalizar dito proceso.

O acordo foi autorizado por ambos consellos de administración e está suxeito á satisfactoria execución do proceso e a aprobación de competencia. Comprométense ademais a un período de exclusividade mutuo até o 15 de outubro como data límite para a finalización do proceso de due diligence e firma da documentación pertinente.

A nova que non queríamos dar acábase de confirmar: R volve ser vendida, mais desta vez foi a cableira Euskaltel quen se fixo co 100% da compañía galega logo de adquirir o 70% da compañía en mans de CVC eo 30% restante en mans de Abanca.

A operación, confirmada por Expansión, supuxo un investimento á firma vasca de 1.155 millóns de euros, 11 veces o ebitda estimado para R en 2015, e será pagado cunha parte en efectivo e outra en accións.

Esta operación é a primeira da consolidación dos cableiros alternativos do norte da que falamos hai uns días, e que rematará previsibelmente coa compra dese grupo por Vodafone.

Sobre o autor

Reply