Telecable podería ser adquirida por Euskaltel inminentemente

r telecable vodafone euskaltel

Tras a nova da adquisición / integración de Euskaltel e R dada a coñecer onte, o próximo paso sería a “unión” con Telecable, a cableira asturiana. E todo semella indicar que este movemento podería producirse de inmediato, xa que hoxe remata o prazo fixado por Carlyle (accionista maioritario de Telecable) para recibir ofertas pola súa participación na empresa.

Dáse por seguro que Euskaltel presentou a súa propia oferta de adquisición, que xunto coa compra de R anunciada onte completaría ese gran operador de cable do norte do que tantos anos levamos falando, que máis cedo que tarde podería acabar en mans de Vodafone, a compañía mellor posicionada para facerse con todo o grupo.

Malia que, como comentamos hai uns días, xa contabamos con todos estes movementos entre os minoritarios, o certo é que no último momento as cousas se precipitaron, colléndonos por sorpresa a adquisición de R como primeiro paso da consolidación.

Como quedará o conto?

One Response

  1. Roi 24 Xullo, 2015 Responder

Deixa un Comentario