Mininovas Android: a malla da semana

YouTube estrea anuncios en 360 graos

google cardboard

Tras a chegada dos vídeos en 360 graos, YouTube embárcase nun novo desafío: os anuncios en 360 graos. Estes resultan moito máis interactivos e inmersivos, permitindo conectar coa audiencia dun novo xeito e, seguramente, durante máis tempo para que a captación da mensaxe publicitaria sexa máis efectiva.

LG dobrará a aposta polas pantallas flexíbeis

lg g flex 2 - 2

A LG gústanlle as pantallas curvas e flexíbeis, pois ademais da liña LG G Flex tamén está a traballar con elas na liña insignia, como o G4, e nas gamas inferiores. A idea que teñen é seguir traballando neste tipo de pantallas, polo que anunciaron unha grande inversión en pantallas P-OLED de  cara a melloralas e integralas en máis teléfonos e dipositivos.

WhatsApp incorpora novas funcións

whatsapp llamadas

As últimas beta de WhatsApp incorporan novas funcionalidades, que chegarán nun futuro próximo na actualización estábel da Play Store. Entre as novas funcionalidades destacan as que seguen:

  • Apartado de notificacións: poderemos silenciar chats (ao igual que facemos agora cos grupos), escoller tons de notificación, vibración ou cor do LED para usuarias concretas.
  • Marcar como lido / non lido: pulsando unha conversa podemos marcar as mensaxes como lidas ou non lidas.
  • Diminuír uso de datos: ofrece a posibilidade de reducir máis ou menos á metade a cantidade de datos consumida por WhatsApp en chats e chamadas.
  • Copia de seguridade en Google Drive: xa faláramos desta opción hai tempo, pero agora semella que será a definitiva.

Google patenta o “buscador da túa vida”

google recordos

Esta semana soubemos tamén que Google patentou un buscador de “instantes da nosa vida”. A idea vén a ser que levaríamos un wearable que iría gravando toda a nosa vida, aplicándolle etiquetas temporais e de xeolocalización. Deste xeito, en calquera momento poderíamos pedirlle que nos levase atrás a un punto temporal determinado. Só de pensalo dá mal rolliño, non credes?

Deixa un Comentario