Airis TM50Q, un terminal modesto por menos de 200 euros

Airis TM50Q (2)

Airis vén de estrear un novo modelo de smartphone, o Airis TM50Q, un trebello económico e cun deseño bastante coidado, aínda que sae á venda con Android 4.4.2 – KitKat, a versión anterior de Android, e non será actualizado nin a Lollipop nin a Android M, a versión que esperamos para o outono.

Incorpora unha pantalla IPS de 5,0 polgadas, proceador de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD. A súa cámara principal é de 8 megapíxeles, mentres que a frontal fica nos 2.

Ten un PVP de 169, 99 € e está dispoñíbel tanto en establecementos físicos como a través da tenda en liña da compañía.

Sobre o autor

Reply