Google Now xa permite enviar mensaxes de WhatsApp

whatsapp2

Google vén de lanzar unha actualizacion de Google Now que permite dictar e enviar mensaxes a través de diversas aplicacións de mensaxería de tercerios, como WhatsApp, Telegram, Viber, WeChat ou NextPlus.

O comando que debemos empregar é semellante ao actual “Ok Google, envía un email a Fulanito de Tal”, e terá a seguinte forma: OK Google + Envía un mensaxe de (Aplicación de mensaxería, p.e. “WhatsApp”) a + (Contacto, p.e. “Ana Fortes”) + (Mensaxe, p.e. “Que divertido é enviar mensaxes sen mans”).

Con todo, polo de agora esta funcionalidade só está dispoñíbel en inglés, pero en breve chegará a outras linguas.

Deixa un Comentario