O Samsung Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge+ verán a luz o 13 de agosto

unpacked 2015 samsungRompendo coa tradición, Samsung non presentará o novo Galaxy Note 5 no IFA de Berlín, senón nun Unpacked previo que terá lugar o vindeiro 13 de agosto. Con este movemento consegue aumentar o foco de atención sobre os seus novos trebellos nunha época do ano de pouca actividade.

Semella ademais que no mesmo evento veremos tamén o Galaxy S6 Edge+, unha versión vitaminada do dispositivo máis innovador do fabricante coreano, que foi presentado no MWC de Barcelona.

As filtracións do Galaxy Note 5 apuntan a unha pantalla QHD AMOLED de 5,7 polgadas, procesador Exynos 7422, 4 GB de RAM, cámara de 16 megapíxeles e batería de 4100 mAh.

galaxy note 5 filtrado 2 galaxy note 5 filtradoTeremos que agardar ao día 13 para descubrir toda a información sobre estes novos trebellos de Samsung. Tedes ganas de coñecelos?

Sobre o autor

Reply