Leroy Merlin crea un visualizador de cociñas para as Oculus Rift

A empresa de retail Leroy Merlin vén de presentar un visualizador de cociñas para os lentes Oculus Rift que xa está dispoñíbel nos seus establecementos de Málaga e Aldaia (proximamente tamén en Sant Cugat e, progresivamente, no resto) e que permite amosar un catálogo de 50 cociñas nun espazo de apenas un metro cadrado.

A través dunha aplicación desenrolada para a compañía por Virtualware, as usuarias poden elixir a través dun joystick a distribución da cociña que desexen, tanto do mobiliario como do chan, o acabado e cor das paredes, as encimeiras ou as alacenas. Desta maneira, a interpretación dos planos é moito máis sinxela, xa que se crea unha sensación de total inmersión e en tamaño real.

A realidade virtual semella estar en pleno apoxeo, e cada día vemos máis solucións que se afastan da concepción inicial dos videoxogos para empregarse en aplicacións cotiás. Será este o futuro da visualización de planos?

Sobre o autor

Reply