Nimbus 1100 RX, a nova tablet de Woxter

NIMBUS-1100-pers

Woxter vén de anunciar unha nota tablet coa que sigue aumentando o seu catálogo de trebellos Android. Trátase da Nimbus 1100 RX, un dispositivo que destaca fronte outros da marca polas súas especificacións.

Incorpora unha pantalla FullHD de 10,1 polgadas (1920 x 1200 píxeles). No seu interior atopamos un procesador Octacore a 2 GHz, 2 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, que poden ser ampliados con tarxetas microSD de até 128 GB. A batería é de 7000 mAh e a cámara principal é de 2 megapíxeles, mentres que para a frontal apostaron por unha VGA.

Nimbus1100RX-Conexiones

No que ten a ver co deseño e acabados, a compañía apostou polo metal en cor champagne por tema estético e para disipar mellor a calor. Ademais, comercialízanse 3 fundas exclusivas par este modelo en diversas cores (grafito, azul e vermello-viño).

O trebello sae á venda con Android 4.4.4 (KitKat), mais desde o fabricante aseguran que haberá actualización, cando menos, a Android 5.0, aínda que sen dar datas de cando se prevé que se faga. Pódese adquirir por 199 €.

Deixa un Comentario