Mininovas Android: a malla da semana

Google Translate engade novos idiomas

Google Translate chega á versión 4.0 con novidades na tradución de imaxes, onde acada os 27 idiomas dispoñíbeis. Entre estes novos idiomas non figura o galego, aínda que si o catalán. O resto de novas incorporacións son Búlgaro, Croata, Checo, Danés, Alemán, Filipino, Finlandés, Húngaro, Indonesio, Lituá, Noruego, Polaco, Rumano, Eslovaco, Sueco, Turco e Ucraíno.

España é o país onde máis Moto G se venden da zona EMEA

motorola moto g 2014

Motorola confirmou esta semana que España é o país da zona EMEA (Europa, Oriente Medio e África) onde máis Moto G se venderon. Ademais, segundo Amazon, o Moto G de segunda xeración é o smartphone máis vendido na súa tenda, seguido polo Moto G de segunda xeración en 4G. Conseguirán o mesmo éxito co Moto G de terceira xeración, presentado esta semana?

Angry Birds 2 xa dispoñíbel na Play Store

Angry-BIrds2

As seareiras de Angry Birds están de noraboa, pois Rovio vén de lanzar unha nova versión do popular xogo, con novos retos que sobrevir para pasar as fases. Horas de diversión é o que promete Angry Birds 2, que xa está dispoñíbel na Play Store.

A Coruña podería perder a sede social de R en favor de Bilbao

Malia que tras a compra de R por Euskaltel nada vai mudar nos primeiros meses a nível orgánico en ambas compañías, o certo é que esta situación podería durar pouco. Segundo se prevé nos círculos próximos á compañía galega, hai moitas posibilidades de que Galiza perda a sede social de R, como paso previo a unha eliminación de duplicidades e redución de emprego. Agardamos que isto non sexa así 🙁

Deixa un Comentario