Fíltranse o Samsung Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge Plus

galaxy note 5 leak

Malia que até o 13 de agosto non terá lugar o Unpacked no que Samsung presentará oficialmente os seus novos trebellos, pouco queda por descubrir deles tras as últimas filtracións de Evleaks, cunha imaxe na que se amosan en todo o seu explendor o Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge Plus.

Acompañado do seu inseparábel S-Pen, o novo Galaxy Note ten un deseño moi semellante ao Galaxy S6 na súa versión estándar, mentres que o S6 Edge Plus (a falta de que se confirme este nome para a versión vitaminada do S6 Edge) é cuspidiño á versión que coñecemos no MWC, aínda que máis grande.

Segundo parace, ambos os dous incorporan unha pantalla QHD de 5,7 polgadas, con tecnoloxía SuperAMOLED e resolución 2560 x 1440. O procesador sería un Exynos 7420, que estaría acompañado de 4 GB de memoria RAM. No apartado fotográfico teríamos sensores de 16 e 8 megapíxeles e para a batería terían escollido un modelo con capacidade de 3200 mAh, con sistema de carga ultrarrápida.

En apenas semana e medio saberemos se todos estes datos son correctos e tamén se Samsung garda algunha sorpresa, como un novo wearable ou algún que outro smartphone. Que vos parecen estes?

Deixa un Comentario