Desire 626, o novo smartphone de HTC chegará en outubro

HTC Desire 626 BlueLagoon

A mediados do mes pasado HTC deu a coñecer novos smartphones da gama Desire, entre eles o HTC Desire 626, do que veñen de anunciar a súa dispoñibilidade no noso país.

O trebello destaca por un coidado deseño e o acabado en cores vivas, polo que as usuarias teñen a posibilidade de facerse cun dispositivo que se adecúe aos seus gustos. A personalización tamén está na parte de software, onde conta con Android 5.1 e a interface HTC Sense, que ofrece diversos temas que mudan todas as iconas, fondos e transicións segundo o estilo de cadaquén.

No apartado técnico, integra unha pantalla LCD HD de 5 polgadas e vén equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon de 4 núcleos a 1,2 GHz, aderezado con 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 512 GB. A cámara principal é de 13 megapíxeles e a frontal de 5, o que permite sacar selfies de boa calidade. Ademais, con ambas as dúa podemos gravar vídeo en 1080p, que poderemos convertir en minifilmes grazas á aplicación HTC Video Highlights.

Malia que o seu prezo non foi desvelado aínda, o HTC Desire 626 chegará en outubro ás tendas e aos operadores do noso país en catro acabados: branco, azul, lilá ou gris.

Sobre o autor

Reply