Samsung Pay chegará a Europa en setembro

De cara finais de ano é moi probábel que o móbil sustitúa ás moedas e tarxetas de crédito en moitos dos pagos que facemos a cotío. E é que Samsung vén de anunciar que o seu servizo de pagamentos virtuais, Samsung Pay, chegará en setembro a Europa, case coincidindo coa data que se baralla para o desembarco de Android Pay, a alternativa de Google.

Isto prodúcese tras un acordo con MasterCard, do que teremos máis información no Unpacked do día 13 de agosto, pero que basicamente achega o servizo Digital Enablement MDES para facer as transaccións, un sistema que tamén emprega Apple no seu servizo de pagos co móbil.

Así, dentro de pouco tempo poderíamos comezar a prescindir tanto dos cartos físicos como das tarxetas de crédito e dar todo o protagonismo aos nosos smartphones, trebellos que nos acompañan a todas as partes. Mais, estamos realmente preparadas para que algo así suceda?

Sobre o autor

Reply