Green Bank: a vila na que non se permiten os móbiles

Dificilmente podemos imaxinar a nosa vida sen móbil, como ben demostrou o experimento de desconexión que fixemos en outubro do ano pasado. Mais, que pasaría se vivísemos nunha localidade que tivera prohibido o seu uso?

No estado de Virginia, nos Estados Unidos, atópase a localidade de Green Bank. Trátase dunha pequena vila de apenas 200 habitantes e 33.000 kilómetros cadrados situada a pouco máis de 4 horas de Washington. Non tería máis aquel se non fose porque é un área declarada de “radio silenciosa”.

Na zona atópanse varios radiotelescopios de uso civil e militar, como se pode ver no Google Maps, que precisan un entorno libre de toda interferencia electromagnética, polo que o uso e redes móbiles e WiFi está totalmente prohibido. Isto levou a moita xente antenofóbica a trasladar o seu domicilio a esta vila libre de radiacións.

Para saber como é a vida nun lugar así, a reportaxe The American Town Banning Cell Phones and WiFi que abre este artigo afonda no día a día. Que vos parece? Seríades quen de vivir nun lugar así?

Deixa un Comentario