Mininovas Android: a malla da semana

Samsung ofrecerá actualizacións mensuais

logotipo samsung

Ademáis de Google, Samsung ven de sumarse ás actualizacións tipo OTA para os seus terminais Android co fin de solucionar problemas do sistema operativo. A novidade é que estas actualizacións chegarán de xeito mensual para dar resposta o máis axiña posíbel tanto a problemas de seguridade coma de rendemento. Gústanos moito este compromiso e estaría ben que o resto de fabricantes seguira o seu exemplo.

Orange actualiza a súa app móbil

mi orange

Recentemente recibimos unha importante renovación da aplicación Mi Orange coa que consultar e modificar os servizos da operadora. Ademáis da completa renovación estética, queremos destacar unha mensaxe que salta logo de loguearnos: está conexión non consume datos da túa tarifa Orange en territorio nacional.

Sen dúbida unha boa nova pois podemos facer as consultas que precisemos sen gastar un só mega dos que temos contratados.

Lanzará Xiaomi os seus procesadores o próximo ano?

Xiaomi-Logo

Todos os rumores apuntan a que no 2016 veremos no mercado os primeiros procesadores fabricados pola empresa chinesa. Polo de agora non sabemos moitos pero é de agardar que polo momento estes procesadores só esten dispoñíbeis na gama baixa do seu portfolio, como podería ser a gama Redmi do vindeiro ano.

Este movemento é un paso lóxico para seguir axustando prezos e conseguir autonomía no proceso de fabricación para acadar un producto o máis competetivo posibel.

One Plus 2 esgota os primeiros 30000 terminais en 64 segundos

one plus two

Esta foi a impresionante cifra que acadou o One Plus 2 coa súa primeira tirada de terminais colocados no mercado chinés. Agora teremos que ver como funciona este smartphone a níveis internacionais e se tamén se vende así de ben.

Nokia vendeu HERE, o seu sistema de mapas

here maps

Nokia ven de vender a BMW, Mercedes e Audi o seu sistema de mapas por unha cifra aproximada de 2800 millóns de euros. Con esta operación aumentan moito as funcionalidades que poderemos ver nos seguintes modelos das compañías. Ademáis os novos propietarios da plataforma aseguran que nada vai cambiar nas aplicacións móbiles e polo de agora seguirá dispoñíbel este servizo.

Huawei prepara algo grande para o 10 de agosto

honor 10 agosto

Esta semana Huawei comezou a mandar invitacións para o seu próximo evento onde presentará o que se supón que será un Honor de primeiro nível. Os rumeras van dirixidos a resaltar a calidade da cámara frontal que estará á altura da posterior, sen renunciar a ter un terminal delgado.

O día 10 está moi preto. Veremos con que nos sorprende Huawei.

Sobre o autor

Reply