Huawei podería presentar inminentemente o seu primeiro smartphone con pantalla curva

huawei curva

As pantallas curvas e as flexíbeis comezan a dar os seus tímidos pasos no Mundo Real, é dicir, fóra dos laboratorios e afastándose da concepción de prototipo. Porén, as opcións para disfrutar dun terminal con este tipo de pantallas son escasas e se reducen a 2 marcas: LG (co G Flex 2 e LG G4 como trebellos referenciais) e Samsung (co Galaxy Curve e o Galaxy S6 Edge).

Huawei podería ser o seguinte gran fabricante en dispór dun terminal con pantalla curvada, atendendo a unha filtración que nos chega desde China, e tendo en conta que temos o IFA de Berlín ás portas non sería de todo descabelado pensar nesa feira como escenario perfecto para dalo a coñecer.

O trebello, con nome en clave “007”, tería unha curvatura semellante á do Samsung Galaxy S6 Edge, pechándose cara os lados para reducir a sensación de marcos. Será esta a tendencia dos próximos meses?

Sobre o autor

Reply