Samsung presentaría este peculiar teclado xunto ao Galaxy Note

Apenas quedan dous días para sabérmolo todo do novo Samsung Galaxy Note 5, filtrado practicamente na súa totalidade hai uns días xunto un Galaxy S6 Edge vitaminado (ou “plus”).

teclado samsung

Segundo evleaks, a compañía surcoreana levaría ao Unpacked diversos accesorios, entre o que destaca este teclado portátil físico, que se coloca sobre o teléfono para facilitar a escritura, de xeito semellante aos teclados completos que popularizou BlackBerry nos seus trebellos anos atrás.

Cun accesorio así teríase, por unha banda, a comodidade que moitas usuarias atopan neste tipo de teclados, sobre todo cando hai que escribir moito, mentres que por outra non se perderían as posibilidades que ofrece unha pantalla grande.

En calquera caso, para gustos están as cores. Que vos parece a vós?

Deixa un Comentario