O Samsung Galaxy Note 5 non chegará a España

galaxy note 5

Vaia sorpresa! Acabamos de coñecer o novo Samsung Galaxy Note 5 e o Galaxy S6 Edge+, mais o que non agardabamos era esta desgradábel nova: non chegará a España, cando menos por agora.

Segundo aseguran fontes da compañía que acabamos de consultar, comercializar o Galaxy Note 5 en Euroopa non está nas previsións inmediatas da compañía, o que afecta tamén ao Estado español. O que si chegará en breve é o S6 Edge+.

Nas próximas horas coñeceremos máis sobre as razóns que levan á compañía surcoreana a tomar esta decisión, que polo de agora nos deixa coa boca aberta.

Deixa un Comentario