Qualcomm Snapdragon 820, un chipset que apunta moi alto

Pouco a pouco imos coñecendo máis datos sobre o chipset de Qualcomm chamado a estar presente na maior parte dos flagships no 2016. Aínda faltan por saber moitos datos, máis o que xa se fixo oficial foi a GPU que montará o Snapdragon 820.

snapdragon 820

A GPU será unha Adreno 530 da que nos garanten que terá un rendemento un 40% superior á 430 acompañado dun descenso importente do seu consumo: un 40% menor. Esta GPU incluirá ademáis soporte a direccionamento virtual de 64 bits, OpenCL 2.0 e OpenGL ES 3.1, características que fan que sexa a mellor gráfica para trebellos móviles do mercado.

Ademáis o procesador terá soporte HDMI 2.0 co que poderemos conectar pantallas 4K reproducindo vídeos a 60 fps. Agardamos que os problemas de temperatura experimentados polo 810 só sexan un mal recordo esta nova versión do procesador saia ao mercado sen problemas, pois Qualcomm non se pode permitir máis erros.

Aínda non sabemos velocidades de reloxo ou arquitectura do procesdor, máis ficaremos atentos para achegarvos todas as novidades en canto sexan oficiais.

Deixa un Comentario