Un novo Chromebook chega da man de DELL

dell-chromebook-13-0023.0

Acabamos de coñecer o lanzamento dun novo Chromebook, o Dell Chromebook 13. Como non pode ser doutro xeito, conta con ChromeOS, o sistema operativo deseñado para traballar na nube e dependendo case por completo do ecosista de Google.

En canto ao deseño, atopámonos con acabados plásticos moi resistente de liñas clásicas, axeitadas para o entorno profesional ao que vai dirixido.

Destacamos os procesadores que monta este esquipo, os Intel Broadwell de 5ª xeneración nas versións i5 e i7 acompañados por 4 ou 8 GB de RAM e 16 ou 32 GB de almacenamento interno, segundo a configuración que elixamos. A pantalla IPS de 13″ soporta resolución fullHD (1080 x 1920).

chrome

En canto á conectividade destacamos a presenza dun lector de microSD, USB3.0 e un HDMI. O teclado retroilumido, é todo un acerto. Con todas estas características, atopámosnos con que DELL asegura que teremos até 12 horas de autonomía grazas á súa batería de gran capacidade.

A unidade básica (i5, 4GB, 16B e pantalla non tátil) partirá dos 399$ e se eliximos unha configuración máis potente e con pantalla tátil poderemos chegar até os 800$, dato que aínda non está confirmado. Sae ao mercado nos EUA e Canadá o día 17 de setembro.

Vía

Deixa un Comentario