Vowney, o próximo buque insignia de Elephone

A compañía Elephone vén de presentarnos todas as características técnicas e o prezo do que ven sendo o seu último buque insignia, o Elephone Vowney, previo paso da súa posta a venta oficial.

vowney-4

Pola información que atopamos e novo terminal de Elephone será o máis caro de cantos teñen no mercado, pero hai que destacar que será o que mellores especificacións e calidade teña.

Co Elephone Vowney atopamos un terminal que trae consigo un hardware de gama alta en toda regla. Teremos dúas versións do Vowney unha primeira versión que contará cun procesador MediaTek MT6795 e Android 5.0 Lollipop, mentres que a outra versión equipará un procesador firmado por Intel, e poderá executar Windows 10 e Android.

No resto de características as dúas versións traerán as mesmas cunha pantalla de 5.5 pulgadas cunha resolución 2K, unha cámara principal de 20.7 megapíxeles cun sensor Sony IMX230, 3/4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno e unha batería de 3.800 mAh.
Elephone-Vowney-2

Se falamos do seu prezo semella ser, que estará sobre os 299.99 $, pero a día de hoxe non sabemos se será o prezo que terán as dúas versións ou unha delas. Por desgraza aínda non temos data de lanzamento confirmada, pero Elephone Vowney non debería tardar moito tempo en ver a luz.

Sobre o autor

Reply