Así evolucionou a familia Galaxy Note desde a súa orixe

galaxy note 5 leak

Samsung presentou onte o Galaxy Note 5, un trebello que supón a maduración desta saga pero que, sorprendentemente, non se porá á venda no noso país. Ou polo menos non está nos plans inmediatos da compañía. O que si que se comercializará no noso país, por 799 / 899 € (dependendo da capacidade da memoria interna) é o Galaxy S6 Edge+, un trebello que integra todas as características do novo Note 5 e a pantalla curvada nos bordes do S6 Edge.

galaxy note 1 - 4

Do Galaxy Note ao Galaxy Note 4

Aproveitando a ocasión quixemos facer unha táboa comparativa cos modelos de todos estes anos, da que a continuación comentaremos varias cousas.

NoteNote IINote 3Note 4Note 5
Pantalla / Resolución / ppi5,3″ / 800×1280 / 2855,5″ / 720×1280 / 2675,7″ / 1080×1920 / 3865,7″ / 1440×2560 / 5155,7” / 2560 x 1440 / 515
ProcesadorSnapdragon S3 ou Exynos 4210Exynos 4412 QuadSnapdragon 800 ou Exynos 5 Octa 5420Snapdragon 805 ou Exynos 5433 Exynos 7 8 núcleos
GPUAdreno 220 o Mali 400MPMali 400MP4Adreno 330 o Mali-T628 MP6Adreno 420 o Mali-T760
RAM1 GB2 GB3 GB3 GB4 GB
Memoria16/32 GB + microSD16/32/64 GB + microSD16/32 GB + microSD32 GB + microSD32 / 64 GB
Cámaras8 / 2 Mpx8 / 2 Mpx13 / 2 Mpx16 / 3,7 Mpx16 / 5 Mpx
Batería2500 mAh3100 mAh3200 mAh3220 mAh3000 mAh
Conectividade4G (modelo Exynos)4G (modelo Exynos)4G4G4G
Dimensións (mm)146.9 x 83 x 9.7151.1 x 80.5 x 9.4151.2 x 79.2 x 8.3153.5 x 78.6 x 8.5
Peso178 gr183 gr168 gr176 gr— gr
PresentaciónSetembro 2011Setembro 2012Setembro 2013Setembro 201413 agosto 2015

Por suposto, o primeiro que chama a atención é a evolución do tamaño da pantalla, estancado nas 5,7 polgadas nos últimos 3 modelos. Semella que neste aspecto Samsung considera que este é o tamaño óptimo para que o dispositivo sexa grande e, ao tempo, manexábel. Curioso é tamén que o primeiro modelo considerábamolo enorme, cando realmente “só” tiña 5,3 polgadas, un tamaño que hoxe é un dos máis habituais.

A evolución tamén é notoria nas cámaras, aínda que nominalmente non haxa grandes saltos de megapíxeles. O traballo de postprocesado das imaxes e a escolla de sensores cada vez mellores está a facer de Samsung un referente fotográfico, como vimos co S6 Edge, que comparte características fotográficas co recén presentado Note 5.

O resto de compoñentes (procesador, capacidade de RAM…) reciben a lóxica renovación de hardware, mais a capacidade da batería non sufre grandes cambios. Habería que probar o trebello para ver como rinde no día a día, mais a priori seméllanos que os 3000 mAh van resultar algo escasos. Iso si, ten carga rápida (tamén inarámica), polo que en certa medida esta eiva pode medio solucionarse.

E vós, sodes de Galaxy Note?

Deixa un Comentario