J Buttefly HTV31,o novo terminal de HTC en Xapón

Chega ó mercado xaponés o J Buttefly HTV31, o novo terminal de HTC baseado en Android na súa versión Lollipop, o cal trae consigo unha pantalla de 5.2 pulgadas cunha resolución Quad HD de 1440 x 2560 píxeles (565ppi).

O procesador que emprega  é un Snapdragon 810 a 64-bit con GPU Adreno 430, con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de almacenamento interno que se pode ampliar mediante microSD.

htc-j-butterfly

Se falamos da imaxe, o HTV31 trae consigo unha cámara de 20 megapíxeles na súa parte traseira cun flash de dobre LED e estabilizador de imaxe óptico para un mellor rendemento con pouca luz e as imaxes de vídeo inestables. Como era de imaxinar, a cámara pode grabar vídeo en 4K UHD. A súa cámara frontal é de 13 megapíxeles, que non está nada mal.

htc-J-Butterfly-HTV31

Se falamos da súa batería, trae consigo unha batería de 2700 mAh con carga rápida, altavoces estéreo BoomSound frontais duais e unha certificación IP57, o que indica que é resistente a auga.

A mala nova? Que non estará dispoñíbel no noso país. Que vos parece o trebello?

Vía

Deixa un Comentario