Mininovas Android: a malla da semama

Yoigo subirá o establecemento de chamadas a 20 céntimos e modifica a do Cero 600 megas

yoigo

Este ano está cheo de subas de prezos por parte das operadoras, rompendo coa tendencia pasada de rebaixas de prezos nos servizos contratados. Desta volta foi Yoigo o que ten a intención de incrementar o seu establecemento de chamadas até os 20 céntimos a partires do 20 de setembro. Este cambio unilateral ven acompañado da liberacións das obrigas dos clientes que no están conformes con estas novas condicións sendo libres para cambiar de compañía ou tarifa sen penalizacións.

Ademáis a tarifa de prepago coñecida como A do Cero 600 Megas, sube dende 7.25 euros a 8 euros. O bo é que tamén sube o bono de datos a 650 megas aínda que tamén lle afectará os novo importe no establecemento.

Un algoritmo que decide por nós cando amosar notificacións

algoritmo

A startup Triggerhood, ven de desenvolver un algoritmo que cando se introduce no código das apps, e logo de facer un estudo dos hábitos do usuario, decidir se é un bo momento ou non para amosar notificacións desa app. Os datos que este algoritmo analiza, entre outros, son as horas do día nas que se accede á aplicación, tempo que se usa,… e decide baseándose nesta información. Para moitas un gran avance, para outras unha intrusión máis na privacidade.

Samsung está probando unha tableta de 18,4″

logotipo samsung

Esta semana, enterámonos das probas que está facendo Samsung cunha tableta que case podemos definir como descomunal, pois chega aos 18,4″ de diagonal. Con isto non queremos dicir nada, só que foi detectado un modelo destas características na India co que Samsung estaría testeando e que se cadra nin chega ao mercado.

Pensades que este tamaño só ten senso nun entorno profesional ou tamén terá usos domésticos?

Twitter remata coa limitacións de caracteres nos DM

twitter caracteres

Tal e como vemos na conta oficial, remataron coa limitación de caracteres nos mesaxes directos da aplicación. Con este movemento, danse os primeiros pasos para convertir a aplicación nunha ferramenta tradicional para comunicación como pode ser Whatsapp ou Telegram.

Esta novidade chegará pouco a pouco nas vindeiras semanas

huawei ifa 2015

Huawei comunica a data do seu próximo evento, o 2 de setembro dentro do marco da IFA de Berlín. Agárdase que se presente un novo membro da familia MATE e semella que levará no nome a letra S, polo que todo apunta a un terminal moi parecido en deseño ao irmán maior pero con características renovadas.

De todos os xeitos, xa queda pouco e veremos con que nos sorprende a empresa chinesa.

Niantic Labs tamén se independiza de Google

niantic labs

A empresa creadora da rede social aumentada, Ingress tamén se independiza de Google e pasa a estar debaixo do paraugas de Alphabet.

Ademáis dende Niantic Labs seguen traballando en proxectos tan interesante coma Field Trip, que é unha app coa que poder decubrir lugares e Endgame, unha novela con información secreta que tes que descubrir.

Sobre o autor

Reply