Drifter o aparello ideal para levar a túa música e esquecer o teu móbil

Drifter2

Freedom Audio vén de presentar un novo altofalante sen fíos. O nome que lle deron o seu novo aparello é Drifter, falamos dun altofalnte resistente a auga (pode flotar), trae consigo unha certificación IPX7, o que nos permite deixar o noso smartphone lonxe da auga se fose necesario. Ao mesmo tempo, se estivésemos no noso fogar ou dentro do alcance dunha rede WiFi ou Bluetooth

Trae consigo unha pantalla táctil co sistema operativo de Drifter OS, basado en Android e 16 GB de almacenamento o que nos da a posibilidade de almacenar a música directamente do noso Drifter. Tamén podemos descargar as cancións dalgún dos servizos principais de streaming, como pode ser Spotify. Para xestionar todas estas cousas empregamos a pantalla táctil. En canto a súa autonomía falamos de preto de oito horas escoitando a nosa música.

dirfter1

A súa chegada ó mercado está prevista para Outubro, se o reservamos agora podemos obtelo por uns 199.95 $, mentres que unha vez posto en mercado será duns preto de 300 $, polo que a oferta é para considerar. Pódese reservar desde esta ligazón

Sobre o autor

Reply