Google anuncia Project Sunroof para axudarnos a calcular o aforro se empregamos enerxía solar

Google non para. Tras a gran reestruturación empresarial da semana pasada, hoxe vén de presentar Project Sunroof, un novo proxecto co que a compañía quere facilitar o proceso de instalación de enerxía solar nas nosas vivendas.

A idea xurdiu ante a multitude de dúbidas que xera a implantación de placas solares nas usuarias (que cantidade de placas preciso? será o meu tellado soleado abondo? quen as instala? …) e pretende dar resposta á meirande parte delas.

Para iso a ferramenta emprega os mapas aéreos de Google Maps / Earth para axudar a calcular as potenciais posibilidades enerxéticas dos nosos tellados sen ter que subir a eles, así como tamén para calcular o aforro que suporía na factura eléctrica, como se pode ver na seguinte imaxe.

project sunroof

Esta información pódese consultar na web do proxecto (aínda non dispoñíbel á hora de redactar o artigo), que pretende universalizar o Project Sunroof orixinal, unha iniciativa que funciona offline na baía de San Francisco, Fresno (Central California) e a área de Boston.

Máis info.

Deixa un Comentario