Samsung propón usar nanosatélites para mellorar a cobertura 5G

nanosatelite

Malia que o despregamento do 4G avanza a bo ritmo, trátase dunha tecnoloxía que nace con data de caducidade, pois estamos ás portas das redes 5G, que darán solución ás necesidades de conexión de todo o que se conectará á rede na chamada Internet das Cousas (IoT, do inglés Internet of Things).

Unha das últimas propostas para o 5G chega da man de Samsung. A compañía surcoreana está a traballar nunha proposta de rede de ducias de nanosatélites (satélites de pequeno tamaño) situados na órbita baixa da Terra que permitirían ofrecer até un Zetabyte (1021  bytes) de capacidade por mes e velocidades de até un terabyte por segundo e dispositivo. En calquera caso, a intención desta proposta é reducir os custes de despregamento de rede e resulta especialmente interesante para dar cobertura ás zonas con máis dificultades de cobertura.

A importancia do 5G fronte ás tecnoloxías actuais é que emprega unha única tecnoloxía de acceso sen fíos, aínda que soportada por diversos estándares que funcionan de forma transparente para as usuarias, nos que se inclúe tanto a comunicación vía satélite como as redes móbiles ou WiFi soportadas por infraestrutura fixa.

Sobre o autor

Reply