Google Fotos actualízase na súa versión web con interesantes novidades

Desde hoxe temos dispoñíbel para todas unha nova actualización na versión web de Google Fotos, o coñecido servizo de Google de almacenamento de fotos na nube e que podemos sincronizar entre disposivos. Agora, desde a web poderemos realizar tres cambios nas nosas fotos ou álbumes:

    • Poderemos cambiar a orde das fotos dentro dun álbume: imos a un álbume, prememos no lapis da parte superior e xa podemos mover a foto a onde desexemos.

google fotos 03

    • Poderemos cambiar a foto da portada do álbume: prememos sobre a foto, logo sobre os tres puntos da parte superior dereita e imos á opción “usar de portada do álbume”.

google fotos 02

    • Poderemos cambiar data e hora nos metadatos da foto: prememos sobre unha foto e imos ao i de información, abrirase un despregábel á dereita no que podemos modificar data e hora

google fotos 01

Polo de agora, estas son todas as novidades do servizo que de seguro co paso dos meses se seguiran completando para ter un servizo máis completo.

Sobre o autor

Reply