Movistar racha o mercado: cine, series, deportes e fútbol por 9,90€ ao mes até 2016

Dende mañá mércores até o 30 de setembro, a clientela actual de Fusión e a que contrate Movistar FUSIÓN+ (con ADSL ou fibra 30 Mbps ou 300 Mbps) nesta datas, poderá disfrutar por só 9,90€/mes até xaneiro de todo o contido do paquete “Premium Extra” de FUSIÓN+ que inclúe:

  • Deportes en xeral: Moto GP, Fórmula 1, NBA, Euroliga de Baloncesto, Golf,…
  • Fútbol: Liga BBVA e Adelante, Copa do rei e ligas internacionais.
  • Cine e series de estrea de Movistar+.
  • E o paquete básico de canles e algúns temáticos á carta.

movistar premium extra

Ademáis a oferta é compatíbel co visionado en multidipositivo e vídeo baixo demanda. O prezo sen promoción deste paquete PREMIUM EXTRA son 65€ que a clienta pode decidir manter ou non logo deste periodio promocional, pois o bo é que non temos permanencia (agás as altas novas en fibra, que leva unha permanencia mínima son 3 meses), segundo indica a propia Movistar.

premium extra 04

Na seguinte captura, podedes ver a listaxe completa das canles que inclúe o servizo PREMIUM EXTRA:

premium extra

Como vemos é un oferta moi agresiva que non terán doado replicar os resto de operadores, sobre todo cando parte deste contido teno en exclusiva Movistar.

Sobre o autor

Reply