Google non se cansa de xogar con nós. Agora un Nexus 6 de LG?

Os rumores que chegan até todos nós ían dirixidos á presenza este ano de dous terminais Nexus. Un deles sería o Nexus 5, fabricado por LG e o outro chamaríase Nexus 6 e o encargado de fabricalo sería Huawei.

Até aquí todo normal, pero onte pola noite aproveitando a nova da actualización das función de Google Fotos na súa versión web da que vos falamos recentemente, filtrouse unha imaxe na que amosan que a imaxe está tomada cun LG Nexus 6.

google fotos 00

Ademáis de dicirnos que a foto está feita con ese hipotético Nexus 6 de LG, infórmasenos da apertura f/2.4 entre outras características de como foi tomada a foto.

Tal e como titulamos o artigo só está Google xogando con nós ou é un deses “erros” controlados pola compañía americana?. Saberémolo en cuestións de semanas.

Deixa un Comentario