Google anuncia OnHub, o seu router WiFi

Neste agosto cheo de novidades, Google segue a dar que falar anunciando OnHub, un router WiFi desenrolado en colaboración con TP-Link que conta cun deseño coidado e unha usabilidade sinxela.

Internamente incorpora un total de 13 antenas (6 que funcionan na banda dos 2,4 GHz, 6 na banda dos 5 GHz e unha adicada á detectar conxestión de rede), e durante o proceso de configuración selecciona a mellor das bandas WiFi dispoñíbeis, caso de que haxa saturación de redes.

onhub google

Mais quizais o máis interesante é que dispón dunha aplicación que permite priorizar a conexión de dispositivos, así que, por exemplo, poderemos restarlle velocidade a un ordenador no que hai alguén mirando nas redes sociais para priorizar outro no que estamos a xogar en rede. Así mesmo, a aplicación tamén facilita a compartición do contrasinal con posíbeis visitantes que teñamos na nosa casa.

O trebello xa está en prevenda nos Estados Unidos e Canadá por 199,99 dólares, e se pode adquirir en diversas tendas en liña, como Amazon.

Máis info

No Responses

Deixa un Comentario