Orange comeza a despregar a voz en alta definición

orange

Nos últimos tempos Orange está a realizar unha importante inversión na mellora da súa rede móbil, e un dos últimos movementos é o despregamento en toda a súa rede da tecnoloxía de voz en alta definición (voz HD), que permite mellorar a calidade das chamadas, eliminando case por completo o ruído de fondo e proporcionando un son máis nítido.

A voz en HD de Orange xa está dispoñíbel na maior parte de Catalunya, Madrid, Aragón, La Rioja e Castelló. Gradualmente iranse incrementando zonas até completar a totalidade da rede antes de finais do verán.

A mellora é gratuíta e automática para todas as clientas de Orange. A única condición para disfrutar deste servizo é posuír un terminal compatíbel (a maioría dos smartphones actuais sono).

About The Author

Reply