Asus deixa ver un novo Zenwatch no teaser do IFA 2015

Apenas ocupa un microsegundo no vídeo teaser, mais Asus vén de amosarnos o sucesor do Asus Zenwatch, que será presentado no IFA 2015 que se celebra en Berlín a comezos de setembro e que mantén en esencia o deseño orixinal.

smartwatch asus ifa teaser

Mais non é o único trebello que o fabricante taiwanés presentará no IFA, pois o vídeo deixa caer que haberá un novo smartphone. Se ligamos isto coa información revelada pola entidade de certificación chinesa TENAA hai unhas semanas, nas que se falaba dun terminal con pantall FullHD de 5,5 polgadas, procesador Octacore, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna, cámaras de 13 e 5 megapíxeles… podemos ir ligando cabos.

A presentación de Asus está programada para o día 2 de setembro, así que ese día despexaremos todas as dúbidas.

Sobre o autor

Reply