Olla a animación de inicio e descarga os fondos de Android 6.0 Marshmallow

Esta semana coñecemos diversas cousas sobre Android 6.0 Marshmallow, entre elas o propio nome e número de versión, que se mantiñan en segredo. Hoxe queremos compartir un par de curiosidades, como son a animación de inicio e os fondos de pantalla.

A animación de inicio é a que podemos ver no seguinte gif, na liña das últimas novidades en Android Wear, que agora se trasladará a todos os aparellos.

Android 6.0 Marshmallow

Por outra banda, na nova versión preview (dispoñíbel para os Nexus 5, Nexus 6 e Nexus 9) de Android M liberada inclúense 9 fondos de pantalla, con fotografías de Google Maps e as xeometrías en cores superpostas que xa vimos en Android 5.0.

Se queredes descargar os fondos de pantalla de Android 6.0 Marshmallow podedes facelo desde esta ligazón.

wp_008

Deixa un Comentario