A Blackberry con Android presentarase en novembro

blackberry venice render - 1

Anos atrás, a idea dunha BlackBerry con Android era impensábel. Mais os vai-véns económicos da compañía e a falta dun proxecto de futuro claro para o seu sistema operativo propio propiciaron unha apertura sorprendente en moitos eidos.

O primeiro deles foi sen dúbida a posibilidade que se abriu cando comezaron a podérselles instalar aplicacións Android, o que permitía ás usuarias sacarlle máis partido a uns trebellos cunha tenda de apps limitadísima. Porén, o gran paso será a comercialización dun smartphone con Android, a múltiples veces filtrada BlackBerry Venice, da que temos tanto fotografías como renders de prensa.

blackberry venice leak-2

En canto a especificacións, a Venice contaría cunha pantalla QHD de 5,4 polgadas (2560 x 1440 píxeles de resolución), procesador SnapDragon 808, 3 GB de memoria RAM e cámaras de 18 e 5 megapíxeles. Non cabe dúbida que con estas características a marca aspiraría a reposicionarse cun produto de gama alta. Poñendo en orde todo, algunha versión de Android ou un fork, algo que está por confirmar.
blackberry venice render - 2

Polo de agora non hai unha data oficial para a o seu lanzamento, pero as filtracións falan de que chegará en novembro e que, cando menos, estará dispoñíbel nos catro grandes operadores dos Estados Unidos.

E vós, mercaríades un smartphone BlackBerry con Android?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply