O granxeiro que construíu unha antena 4G para disfrutar de Internet rural

antena 4g caseira - 2

A historia de hoxe aconteceu no Reino Unido, pero ben podería ser o caso da Galiza rural, con grandes áreas esquecidas pola Administración pública e polas operadoras nas que conectarse a unha velocidade decente (ou conectarse directamente) é misión imposíbel.

Este era o caso de Richard Guy, un  granxeiro inglés que recibía na súa casa 1 Mbps na rede fixa, unha velocidade moi inferior aos 25 Mbps de media que hai no Reino Unido (en España a media é de 7,7 Mbps). Porén, dispuña de cobertura 4G, o que o levou a construír unha alternativa baseada nesta tecnoloxía.

antena 4g caseira - 1

Concretamente, Guy construíu unha antena composta por unha torre de madeira á que acoplou unha batería de 12 voltios, paneis solares para cargala e un elemento receptor de 4G, que uniou a un cable de fibra óptica que conecta ao interior da súa vivenda.

Con esta solución mellorou notabelmente a velocidade de conexión, pasando de 1 Mbps a 69 Mbps, aínda que non se especifica con que proveedor ten contratado o acceso móbil, é dicir, se ten unha cota con límite de descarga. Cómpre dicir que no Reino Unido son varios os operadores que ofrecen banda larga móbil ilimitada, polo que isto non debera ser un problema a priori.

Na actualidade, Guy ten unha empresa chamada Agri Broadband que asesora a persoas na súa mesma situación, estudando como solucionar problemas de conectividade. Sería posíbel facer algo semellante no noso país?

Máis info (vía)

Sobre o autor

One Response

  1. Roi 22 Agosto, 2015 Responder

Reply