Proba o teu nivel de salto con pértega grazas a Vault!

A xente de Nitrome trae consigo un novo xogo casual cheo de cor e diversión, nesta ocasión atopámonos con Vault! un saltador de pértega feito en 8 bits cuns gráficos de estilo “retro” moi divertido e a súa vez moi aditivo de saber ata que nivel conseguiremos chegar.

Como na maioría destes xogos o máis importante é recorrer a maior distancia posible, pero neste caso ten o aliciente de simular un dos deportes olímpicos como é o salto con pértega, evitando desta maneira os perigosos precipicios que nos atoparemos no noso camiño, así como trampas e moitos outros obstáculos.

vault4

vault1

vault2vault3
En cada uns dos diferentes niveis que temos teremos que recoller o maior número de moedas de ouro posibles para despois podemos empregar para desbloquear outras personaxes. Os controis a empregar son sinxelos e intuitivos, a maior dificultade reside en facer ben o salto con pértega.

Podémolo atopar de xeito gratuíto na Play Store, aínda que dispón de compras integradas.

Sobre o autor

Reply