Novo Honor 7i, con cámara xiratoria

honor 7i - 1

Honor, a marca alternativa de Huawei, vén de presentar un novo trebello na China pensando en todas aquelas usuarias que devecen polas selfies. Falamos do Honor 7i, un smartphone que descata por dispór dunha cámara xiratoria, o que permite tomar boas fotos tanto cando usamos o dispositivo en modo normal ou autorretrato.

A pantalla ten un tamaño de 5,2 polgadas (resolución FullHD 1920 x 1080 píxeles), aínda que a presenza duns marcos estreitos fai que o 80% da superficie do trebello estea aproveitada, sentando ben na man. Tamén axuda a isto o (pouco) grosor, pois apenas ten 7,8 mm.

honor 7i - 2

Do resto de características destacamos que integra un procesador Snapdragon 616 (8 núcleos, 4 a 1,5 GHz e 4 a 1,2 GHz), 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, malia que existe un modelo superior, con 3 GB de RAM e 32 GB de interna.

A cámara xiratoria ten 13 megapíxeles e unha apertura f/2.0. Completando a listaxe de especificacións temos 3100 mAh de batería, dobre bandexa para SIM e conectividade 4G-LTE.

Polo de agora non está confirmada a súa chegada ao noso país, pero xa se vai pór á venda na China por 230 ou 260 € ao cambio, segundo modelos, un prezo bastante acaído polo conxunto de características das que dispón.

Sobre o autor

Reply