Storm the Train, outro xogo ao que engancharse

Storm the Train é un novo xogo na versión de “endless runner” que podemos atopar tanto nas plataformas de Android como en iOS. Neste caso imos armados ata os dentes, xa que teremos que facer fronte a diferentes inimigos sobre un tren. Podemos atoparnos dende mortos vivintes, ninjas, robots e moitas outras criaturas que iremos atopando o longo dos diferentes niveis que temos.

STT2 STT3 STT1

Podemos facer equipos de dous axentes e empregalos alternativamente a longo do xogo, cada un coas súas habilidades especiais e armas que afectarán á puntuación final que obteñamos. Como é habitual neste tipo de xogos teremos “bonus” e teremos que recoller o maior número de moedas para despois poder mercar melloras.

STT4STT5

Como soe ser habitual nos xogos actuais trae consigo compras integradas. Pódese descargar desde a Play Store.

Deixa un Comentario